En galego

Poesía

Eu quixera ser unha rosa
para perfumar a túa man,
con folliñas coloradas
e un capullo de cristal.
Eu son pequeno, naiciña,
cun corazón xigante,
que repite alto e baixo:
canto quero a miña nai!




(Cantamos coa melodía da camción "A saia da Carolina")
No colexio chega entroido
un pouquiño anticipado.
Vide a disfrutar rapaces
rindo todos e cantando.
Disfrazate neniño, disfrazate rapaz
que estamos no entroido
e hai que troulear.
E hai que troulear, e hai que troulear,
disfrazate neniño, disfrazate rapaz.

(Cantamos coa melodía da camción "Tengo una muñeca vestida de azul")
Os nenos do cole queremos cantar
para que no mundo sempre exista a paz
para que no mundo sempre reine a paz
debemos querernos, coñecernos máis.
Blancos, negros,chinos, indios
que máis da,
si nos abrazamos traeremos paz.


   Toc, tic, toc,
quen chama a esta casa?
é a auga que nela quere entrar.
   Toc, tic, toc,
quen chama a esta casa?
é o sol que nela quere entrar.
   Toc, tic, toc,
a margarida branca,
auga e sol, entraron a xogar.


   A princesa Primavera
xoga no prado coa herba,
o tempo co príncipe Verán
soña con nubes de area.




   Teño unha casiña a mar de bonita.
   A miña casiña non é grande, é pequeniña,
pero entra moito o sol polas ventaniñas.
E cando foi moito vento e chove,
dentro estou quentiña,
vendo caer a auga pinguiña a pinguiña.


   Ledicia, ledicia
chegou o carnaval,
dame as caretas,
ponte o disfraz.
   Ledicia, ledicia
estamos en carnaval,
toca as maracas,
sácame a bailar!